Recuperación ambiental

O Concello solicita ao Estado a cesión de dúas parcelas na Xunqueira da Gándara

O alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, remite a solicitude formal ao Estado.

Susana Pedreira

Pontevedra |

O Concello solicita ao Estado a cesión de dúas parcelas na Xunqueira da Gándara | Cedida Concello de Pontevedra

As parcelas están situadas ao máis norte posíbel no primeiro tramo do río Rons desde a ponte das Correntes. Teñen unha superficie de 5.026 e 4.995 metros cadrados, polo que suman algo máis de 10.000 metros cadrados. A súa titularidade pertence a Patrimonio do Estado. Son dous espazos sen uso algún e que, a través de conversas con funcionarios do Estado, poderían ser transmitidas desde Patrimonio do Estado ao Concello de Pontevedra, o que suporía un novo capítulo na recuperación desta zona, após da intervención xa finalizada nos antigos terreos da Deputación de Pontevedra.