Pontevedra | 25.09.2024 12:37
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participará como presidente da rede Cidades que Camiñan no congreso que o colectivo a asociación celebrará en Pamplona a partir deste xoves, 26 de setembro. O rexedor da cidade de Pontevedra quixo dar conta dalgúns dos asuntos que alí serán tratados e amosar o seu compromiso á hora de seguir traballando de xeito conxunto con outras vilas e institucións do Estado a prol de promover cidades para as persoas. A edición número once desta xuntanza dará inicio a primeira hora do xoves e rematará o sábado 27 de setembro, cunha sesión da Escola de Espazo Público na que participará o pedagogo, psicólogo e debuxante italiano Francesco Tonucci, unha das voces internacionais máis prestixiosas ao redor das transformacións urbanas. Os municipios de Pamplona, Barcelona, Oleiros, Vitoria, Conil de la Frontera, La Línea de la Concepción e Estaleiro achegarán os seus exemplos e proxectos para logo realizarse a Asemblea Xeral da entidade, que amosará ás accións do último ano, ademais de aprobar o plan de acción para os próximos 12 meses e elixir o municipio que acollerá a Asemblea en 2025. O rexedor pontevedrés sinalou que que o nome desta edición, ou título, é «Vivir, revivir, convivir e benvivir». «Imos falar da vitalidade do espazo público como un concepto transversal ao longo de todo o congreso», indicou, ao tempo que repasou as novas cidades e vilas que entraron nos últimos meses na rede: Navia, Barakaldo, Chiclana de la Frontera, Trebujena, El Astillero, Ames, Las Palmas e La Eliana.