Política municipal no epicentro de Galicia

Jose Crespo: "Buscamos potenciar o turismo en Lalín como un motor económico máis"

O alcalde lalinense considera que o seu municipio responde a unhas características moi axeitadas para apostar por un sector como o turístico, aproveitando o Cocido, parte fundamental das excelencias da localidade.

Redacción

Pontevedra | 13.05.2021 13:35

Os concellos da Galicia de interior tamen fixan o rumbo das suas economías en fomentar sectores como o turístico. O municipio de Lalín persigue aproveitar os seus atractivos gastronómicos e paisaxísticos para abrir unha nova vía que dinamice a economía local e comarca. O alcalde Jose Crespo ten a seguridade que recursos declarados de Interés Turístico Internacional deben resultar beneficiosos para o futuro dos residentes do concello.

Nunha amplia entrevista, o rexedor fixo referencia os novos formatos de celebración da Feira do Cocido e o seu futuro cara o 2022. Tamen, aludiu o proxecto de 'Lalín Calidade', un certificado avalado por la Xunta que permitiría por en valor a gastronomía autóctona.

Este concello fará promoción turística na edición deste ano en Fitur.

Por outra banda, Crespo considera que os proxectos eólicos, promovidos polo goberno central, non están dentro ordenamento xurídico actual e "fora de toda lóxica". A maiores, celebrou que este mes de maio escomencen as obras do demando CIS de Saude para Lalín e a sua comarca. Unha infraestructura que conta cun orzamento de casi 9 millóns de euros.