Pontevedra | 31.05.2024 16:19
Nova edición da ‘Galdiator Race’ que está programada para a primeira fin de semana do mes de xuño. Despois dun accidentado feito, no que a empresa da Guarda, encargada de deseñar e proporcionar o material para celebrar esta proba deportiva, sufrise un incendio, durante toda esta semana traballouse a gran ritmo para ter todo listo cara a este sábado e domingo.
En total a ‘Gladiator Race 2024’ rexistrará unha participación de case 2.000 participantes, con 1.650 deportistas para as probas de adultos e 340 para a categoría infantil.
En canto ao escenario, A Illa dás Esculturas volve a ser o lugar elixido, con saídas graduadas dos participantes da categoría Rocket (6 quilómetros e 32 obstáculos) e da Warrior (10 quilómetros e 40 obstáculos).
Esta edición de 2024 tamén recadará fondos destinados ao importante labor da asociación española contra o cancro e os seus diferentes programas de atención a persoas afectadas por esta enfermidade.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, puxo en valor o esforzo realizado para lograr ter a punto esta cita deportiva despois duns incidentes que case obrigan a suspender a proba. Desde o concello, principal patrocinador, téndese a man á organización ante as necesidades que poidan xurdir no marco desta nova edición da Gladiator Race.
(Escoita a entrevista íntegra con Anabel Gulias, concelleira de deportes de Pontevedra)