A iniciativa responde o lema “En abril, premios mil”. Con este atractivo reclamo, o Concello de Barro repartirá entre os establecementos, que se adhieran á campaña, uns cartóns de “rasca e gana” con numerosos premios para os clientes que consuman nos comercios locais. Os clientes premiados poderán intercambiar os cartóns nos propios comercios ou servizos de hostelaría durante as súas compras a partir do mes de abril. A previsión é repartir máis de 1.000 euros en diferentes premios. Os cartóns de “rasca e gana” poderán estar premiados con cantidades que oscilan entre os dez, cinco, tres, dous e un euros.
Desde o Concello de Barro, o seu alcalde Xose Manuel Abraldes, considera que estas iniciativas precisan de unha resposta bidireccional. E anima aos diferentes sectores da economía local a sumarse ao programa. Así, ata o próximo día 26 de marzo, estará o prazo aberto para quen o desexe poida inscribirse a través do rexistro municipal ou enviando un correo electrónico á dirección omix@barro.gal.
Abraldes asegura que "é un xeito de contribuir nuns momentos moi complicados para economías de localidades de pequena poboación como Barro".