Pontevedra en la Onda (28/11/12)
Segunda xornada de folga na entrega do leite que comezamos analizando co presidente dunha cooperativa láctea de Rodeiro. A RÚA RESPONDE sobre este conflito aberto no sector gandeiro: os pontevedreses mercan leite galego?? Na segunda parte do programa comezamos falando doutra folga porque se cumpren 6 días de folga de fame rotatoria do sindicato CIG en Pontevedra. SAIMOS DESCUBRIR A CIDADE concedendo protagonismo aos xóvenes empresarios e emprendedores. Ademais conectámonos co Campus Universitario para coñecer as novidades e, como cada mércores rematamos falando en materia de COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE, hoxe ímonos ata Caldas de Reis porque o Concello acaba de activar unha rede social de axuda baixo o lema "Únete e comparte".