Pontevedra en la Onda (28/01/13)
Comezamos a semana co alcalde de Poio, Luciano Sobral, como convidado dos nosos almorzos informativos. A reunión dos traballadores de Cuca e do alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, co presidente da Deputación, Rafael Louzán, centra tamén a nosa atención no inicio de programa. A RÚA RESPONDE sobre a intención da presidenta do Parlamento de limitar o acceso da cidadanía aos plenos. E como cada luns, a actualidade deportiva con Rubén Rey pecha o tempo de magazine.