Pontevedra en la Onda (23-03-2015)
O pleno da corporación municipal de Pontevedra e a investigación aberta en torno ao accidente mortal de Vila de Cruces centra a nosa atención no inicio de programa. No tempo da entrevista conversamos co candidato do PP á alcaldía de Poio, Ángel Moldes. Con Rubén Rey poñémonos ao día do que fixeron os nosos equipos esta fin de semana. E recibimos un luns máis a visita de Carlos Pereiro na nosa sección musical "Cántamo... en galego!"