Pontevedra en la Onda (15-03-2016)
O arriado da bandeira da UE na fachada do Concello de Pontevedra e a reforma da Praza de Barcelos son as cuestións das que falamos no inicio do programa. No tempo do almorzo informativo conversamos co deputado do PSdG no Congreso, Guillermo Meijón, desde a Cafetería Ribada (R/Blanco Porto nº4). E, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios. Gracias aos alumnos e alumnas do Colexio San Narciso de Marín por acompañarnos na emisora durante o programa de hoxe!