Pontevedra |
O primeiro gran debate de 2025 ten como argumento central a gratuidade da autoestrada AP-9. De feito, nas últimas horas, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou que chamará ao seu homologo en Vigo, Abel Caballero, para crear unha "fronte común" coa finalidade de que o tramo entre ambas as cidades sexa gratis. Este compromiso responde as últimas declaracións do alcalde olívico instando a liberar de peaxe: Vigo-Pontevedra.
Esta proposta, según rexedor pontevedrés, pretende ser "extensible" a todos os concellos afectados polas consecuencias que soportan un sobrecoste para as persoas que realizan o traxecto entre Pontevedra e Vigo. Con isto, busca "presionar" ao Goberno central para que sexa liberalizada a autoestrada.
Un de eses concellos aludidos por Lores, dun xeito velado, é o concello de Vilaboa. Sobre o seu territorio se soporan un importante número de kilómetros do treito de autoestrada mencionado.
(Escoita a entrevista íntegra a Cesar Poza, alcalde de Vilaboa)