Preparados para o abordaxe no concello de Marín
María Sanmartín, concejala de cultura de Marín, augura unha elevada participación na nova edición da tradicional Festa Corsaria que se celebra este mes de agosto

9 de marzo de 2025
Pontevedra | 14.08.2024 13:57
A Festa Corsaria é desde hai varios anos unha data clave no calendario festivo da localidade marinense e de toda a provincia de Pontevedra. Desde o verán de 2012, coincidindo co mes de agosto, Marín regresa a 1809 para lembrar a xesta de Gago de Mendoza e as Alarmas do Morrazo no que significou a expulsión dos ingleses do territorio.
Este ano, no marco desta celebración, a viaxe ao pasado está previsto para o 17 de agosto, aínda que un día antes xa se pode gozar do ambiente corsario coa apertura do mercadillo na Alameda e a ambientación das rúas.
(Escoita a entrevista completa con Marian Sanmartín, concelleira de Cultura de Marín).