Repasamos a actualidade do inicio desta semana. Neste luns están a facerse balance de danos polo temporal de auga e vento da fin de semana. Mentres, os bombeiros de Pontevedra denuncian que a falta de persoal e medios volveu evidenciarse o sábado e domingo. Doutra banda, coñecemos en que consiste a Aceleradora 'Ría de Pontevedra' que pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Jovenes Empresario (AJE). Como cada luns damos unha volta pola actualidade do mundo do motor. E, nos últimos minutos, conversamos con Gonzalo Sancho, recien elixido presidente do colectivo Vai Polo Río.