Abrimos o programa deste martes coa actualidade do día e conversando co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e planificamos unha cata sorpresa coa xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela. Ademais, como cada martes, temos cita entre micros e libros en Cronopios: pechamos temporada de entrevistas co escritor Enrique Vila-Matas