Pontevedra |
Presentan este venres en Culturgal, a partir das 18:00 horas no Espazo Letras, a edición renovada de «Filla das ondas», estreando unha nova proposta gráfica 25 anos despois da publicación desta obra no catálogo de KALANDRAKA. Trátase dun relato fantástico e onírico que recrea a historia de Pontevedra dende o medievo, e no que afloran aspectos da actualidade como a admirable recuperación do casco histórico e o seu revolucionario modelo urbán. Neste enlace directo á nosa web podes volver tomar a última no programa "Máis de Un Pontevedra".