Pontevedra |
Un dos eventos máis relevantes do verán no concello de Ribadumia é a Festa do Pan. A cita está programada para o próximo 10 de agosto na Carballeira da localidade. Trátase dunha ocasión moi especial porque será a última antes de recibir a sua declaración de interese turístico de Galicia.
Esta festa chega xa a sua XXI Edición coa previsión de que 1.300 persoas participen da degustación dun producto moi tradicional e vinculado a un dos concellos da comarca do Salnés de incalculable riqueza cultural e natural.
(Escoita a entrevista completa con David Castro, alcalde de Ribadumia)