XXVI Festa da Cachucha no Carballiño
Será o domingo 1 de marzo e pechará a celebración do Entroido.
O Carballiño acolle o domingo 1 de marzo a 26ª edición da Festa da Cachucha, unha tradicional cita coa que o municipio pecha a celebración do Entroido cada ano.
A xornada comezará ás 12 horas co desfile de disfraces. Xa ás 14 horas dará comezo o xantar da cachucha nos 26 establecementos de hostelería da vila que participan nesta edición, todo amenizado coa boa música das charangas Castro Bello, Doctor Anchoa, Noroeste e CLK que percorrerán as rúas da vila e os locais participantes.
Pola tarde, ás 17:30 horas comezará o gran desfile de folións, comparsas e charangas, no que participarán os Arrieiros de Petín, o Folión de Fradelo e o Folión de Tameirón. Por último, a partir das 19 horas o fin de festa correrá a cargo da orquestra D´Moda.