A Xunta declara tres novos focos de EHE en explotacións bovinas de Ourense
En A Baixa Limia, Ourense e Terras de Celanova
Ourense | 22.08.2024 11:22
A Xunta de Galicia declaroy cinco novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica en explotacións bovinas das provincias de Ourense e Lugo. Tres delas están localizadas en Ourense nas comarcar veterinarias da Baixa Limia, Terras de Celanova e Ourense.
Trátase, lembremos, dunha enfermidade vírica que afecta ás vacas pero que non se transmite ás persoas nin é contaxiosa entre os propios animais.
Hoxendía está a comercializarse unha vacina contra este virus EHE, desenvolvida pola farmacéutica Zendal, pero que esperta disparidade de criterios entre os gandeiros polos seus efectos secundarios.
A Xunta sinala que a Consellería de Medio Rural está facilitando indemnizacións por animais falecidos como consecuencia desta enfermidade, e tamén unha liña de apoio e urxe ó Ministerio de Agricultura a que active unha axuda de 15 millóns de euros comprometidos para a loita contra esta doenza.