Ourense |
A Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e a Compañía Mercantil de Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos número 1 asinaron o protocolo de colaboración para o traslado dos comerciantes ó edificio reformado.
Xunta e Concello acordaron unha co-financiación de 2 millóns de euros para as obras de adecuación que sexan consensuadas. Do total, 800 mil euros serán destiñados ás obras do plan funcional definitivo.
A administración autonómica asumirá en exclusiva obras clave como o montacargas ou, chegado o momento, a pasarela peonil.