Heráldica

A Xunta aproba os novos símbolos heráldicos de Carballiño e Cortegada

Inclúe os escudos e bandeiras de ambos concellos ourensáns

Paco Sarria

Ourense |

A Xunta aproba os novos símbolos heráldicos de Carballiño e Cortegada | onda cero ourense

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves os decretos polos que se aproban os escudos e bandeiras dos concellos de O Carballiño e Cortegada, que foran validados polo Consello da Xunta de Galicia da semana pasada tras recibir informe favorable da Comisión Heráldica en abril.

O escudo do Carballiño é de ouro (amarelo) sobre ondas de azur e prata (branco), ten un carballo arrincado de sinople (verde) con dous osos ao natural empinados ó seu tronco, e a coroa real pechada.

Por outra banda, o escudo de Cortegada é de gules (vermello) e sobre ondas prata, unha copa de ouro, flanqueada de senllas sierpes de sinople, surmontada dunha venera de prata e, todo surmontado á sua vez de sete cruces treboladas de ouro, ben ordenadas no xefe. Ao timbre, a coroa real pechada.

O Goberno galego leva aprobados 283 escudos e bandeiras de entidades locais.