Dende o SERGAS consideran que non hai razóns para alarmar e piden tranquilidade insistindo en que non é certo que vaia desaparecer a cirurxía pediátrica. Lembran dende o CHUO que en Ourense se realizaron 299 interveccións en 2012 tanto programadas coma urxentes das que un 80% as asumiron dous ciruxáns pediátricos e dende o pasado xoves, o 20% urxentes, as asumen entre cirurxía xeral e uroloxía coma se viña facendo habitualmente. Dende a xerencia hospitalaria defenden a cualificación dos ciruxáns xerais par atender as principais urxencias. Dende a xerencia hospitalaria insisten en que a atención sanitaria da poboacion infantil de Ourense está perfectamente cuberta e lembran que o servizo de Vigo estará de apoio pero que dende Ourense tamén se amplia o radio de acción a localidades próximas da provincia de Pontevedra ou de Lugo coma é o caso de Monforte. A pesares deste anuncio, a plataforma en defensa da sanidade pública segue adiante cas súas reividicacións porque non se fía.