Xudicial

O violador Martiño Ramos extraditado a España dende Cuba

Está condenado a 13 anos por agresión sexual

Paco Sarria

Ourense |

Quién es Martiño Ramos, el fugado español detenido en Cuba, condenado por abusar de una alumna de 12 años en Galicia | Ondacero.es

O profesor ourensán condenado por violar a unha alumna e que fuxira a Cuba foi extraditado a España.

Martiño Ramos permanecía en Cuba a onde fuxira e despois de figurar entre os dez delincuentes españoles máis busacos.

Fora condenado a 13 anos de cárcere por agresión sexual a unha menor alumna súa. E fuxira o país caribeño antes de que en setembro pasado a autoridade xudicial emitira unha orde de busca e captura que pasou a ser orde internacional.

O caso de Martiño foi moi mediático xa que sometía a súa victima de 13 anos a prácticas sádicas.

O delegado do goberno, Pedro Blanco, adiantou que as autoridades porán ó extraditado a disposición xudicial.

Ramos, que vivía como fotógrafo en La Habana ata ser detido polas autoridades cubanas (coas que non hai convenio de extradición) ten agora 50 anos e foi militante de En Marea.