Infraestructuras

Transportes aproba o proxecto para o primeiro tramo da A-76

Comprendido entre Villamartín de la Abadía e Requejo

Paco Sarria

Ourense |

Transportes aproba o proxecto para o primeiro tramo da A-76 | onda cero ourense

O Ministerio de Transportes ven de aproba-lo proxecto para a construcción do primeiro tramo da A-76 entre as localidades leonesas de Villamartín de la Abadía e Requejo. Para elo o Ministerio investirá 131,7 millóns de euros.

Terá unha lonxitude de 6,2 kilómetros e incluirá 3 enlaces, proxectándose como unha duplicación da N-120 entre ambos municipios.

A futura autovía unirá Ponferrada con Ourense e mellorará a comunicación en distancias e tempos.

Asemade facilitará o acceso á Plataforma Logística de El Bierzo e ós núcleos industriais do entorno de Toral de los Vados.