Ourense |
O concello de Boborás informou dun sinistro vial ocorrido esta mañá en Pazos do Arenteiro (zona de Vila) no que se víu implicado un transporte escolar que impactou contra a capela de San Roque.
No momento do suceso no vehículo soamente viaxaba a conductora, non indo ningún escolar a bordo.
A conductora non resultou ferida anque si emocionalmente afectada, polo que tivo que ser trasladada ó Complexo Hospitalario polo cadro que ansiedade que presentaba.
O percance debeuse ó cruce dun animal na calzada, o que motivou o impacto
O sinistro afecta ó transporte escolar.