Ourense |
Un pregón do humorista Xosé Antonio Touriñán o mércores 19 de xuño e un concerto de Celtas Cortos o venres 21 son os principais atractivos das Festas de Verán do Concello de Ourense que rematarán o domingo 23.
Haberá orquestras tódolos días e entre elas Assia, América, Funçao Pública e París de Noia, así como un concerto da Coral de Ruada en Santa Eufemia o día 23.
A tradicional tirada de fogos artificiais porá remate ós festexos segundo anuncio realizado hoxe polo consistorio ourensán ó través dunha nota de prensa.