Becas

O subdelegado do Goberno en Ourense presenta en Dereito as Bolsas Seré

As becas son de 12 mil euros anuais

Paco Sarria

Ourense |

Eladio Santos celebra “a inversión sen precedentes” que supón o Plan de Recuperación para Ourense | Delegación do goberno de España

O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, animou ós opositores e opositoras de Dereito a solicitar as bolsas Seré, que reflexan o compromiso cunha xustiza máis accesible.

Santos explicou ó alumnado de Dereito que as persoas interesadas poden solicitar estas axudas ata o 23 de xuño e que cada unha delas é de 12 mil euros anuais.

O Goberno do Estado adica a estas becas 15,6 millóns de euros e o programa permite a preparación de acceso ás Carreiras Xudicial e Fiscal, así como ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e ao Corpo de Avogados do Estado.