Provincia de Ourense

Os socialistas reivindican seu papel nos plans Cooperou da Deputación

Os socialistas comezaron unha xira de visitas ós concellos

Paco Sarria

Ourense | 19.09.2024 09:28

Os socialistas reivindican seu papel nos plans Cooperou da Deputación | onda cero ourense

O grupo provincial socialista comezou en Parada do Sil unha xira por concellos para poñer en valor o seu rol na aprobación do plan Cooperou na Deputación.

O voceiro Alvaro Vila salientou os esforzos socialistas por “arrincar” do PP un acordo para un reparto equitativo de fondos que implicou avances na capacidade e autonomía dos concellos.

O Alcalde de Parada do Sil, Aquilino Domínguez, salientou a importancia de que os concellos podan contar con estas partidas para poder incluílas con previsión nos seus respectivos orzamentos.