Ourense |
As edís socialistas do concello de Ourense proponen crear o programa municipal de inmersión lingüística “Ourense en inglés”.
De tal xeito defenderán no pleno deste venres a realización dunha primeira edición piloto no 2027, con un mínimo de 50 prazas e un orzamento de 200 mil euros para alumnado de terceiro da ESO.
Trataríase de que os seleccionados tiveran unha experiencia relacionada co idioma nun país de fala inglesa durante varias semanas.