Os socialistas preocupados polo futuro dos traballadores da ORA en Ourense
Piden informes de viabilidade como toda a oposición

12 de marzo de 2025
Ourense |
Os socialistas tamén esixen ó Alcalde coñecer informes que avalen a supresión da ORA e cal é a alternativa de aparcamento que propón o goberno local.
Para a voceira Natalia González, pese a reiteración da proposta de supresión, seguen sen coñecerse alternativas e tampouco se sabe que pasará cos 13 traballadores e traballadoras que levan anos no servizo.