Ourense |
Os socialistas ourensáns defenden a renovación dos centros educativos e da igrexa vella de San Francisco e denuncian a perda de oportunidades por falla de iniciativa política do Alcalde.
Denunciaron que resulta vergoñento que nun colexio público da terceira cidade de Galicia (O Manuel Luis Acuña) estén a dar clase con frío e risco para a seguridade.
E en relación co patrimonio piden ó concello que non ocorra como coa perda de fondos para recuperar a cadea vella e sexa solicitado ó Estado o 2% cultural para evita-lo abandono da igrexa de San Francisco.