Ourense | 22.08.2024 11:40
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense censura o que califica como "nula" xestión do goberno local en materia de termalismo e turismo. A voceira municipal do PSdeG-PSOE chega a afirmar que "o gran bluf do termalismo de Ourense chámase Gonzalo Pérez Jácome".
Este posicionamento é consecuencia de que o goberno local confirmara que o Concello de Ourense non colaborará un ano máis na Feira Internacional Termatalia que organiza o recinto feiral de Expourense, nin tampouco estará presrente na Mesa Termal da Deputación-
Lembran asemade que nos 5 anos de Jácome no goberno local despareceron por completo as concellerías de turismo e termalismo, deixando de haber unha política institucional nestas materias..