Pensións

Os socialistas levan á Deputación unha moción para garantir as pensións

Din que son un dereito e non un negocio

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas levan á Deputación unha moción para garantir as pensións | onda cero ourense

Os socialistas na Deputación trasladarán ó pleno da institución a defensa das pensións fronte ós intentos de privatización deslizados por PP e Vox na pre-campaña electoral e reclamará igualdade de dereitos para as persoas maiores do rural ourensán.

Para a deputada provincial socialista Eva Pérez Gamote, as xubilacións non poden depender da capacidade de aforro de cada persoa polo que reclaman un compromiso institucional coa suficiencia das pensións, os servizos públicos e a cohexión territorial.

Para Gamote “as pensións públicas non son un negocio nin un privilexio, senón un dereito conquistado tras unha vida de traballo”.