Ourense |
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense reclama alternativas urxentes para o aparcadoiro na zona termal mentres duren as obras da variante norte que realiza a administración central entre Quintela e As Eiroás.
A voceira socialista Natalia González esixíu na xunta de área de urbanismo desta semana unha solución alternativa xa que corte do acceso elimina zonas de estacionamento e pode causar graves perxuízos tanto para as persoas usuarias habituais como para os visitantes.
Asemade din descoñecer a data concreta para a reapertura da pisciña termal de As Burgas, lembrando que “as obras foron recepcionadas, agora levarán a cabo obras adicionais de posta a punto e ainda teñen que contratar o servizo de vixiancia e control, polo que é posible que non abra ao público neste 2024”.