Socialistas denuncian o esmorecemento do Consello Escolar Municipal
Consideran que é unha práctica habitual do goberno local

18 de febrero de 2025
Ourense |
O grupo municipal socialista do Concello de Ourense lamenta que o goberno de Democracia Ourensana non teña intención de reactivar o Consello Escolar Municipal, polo que piden ó Alcalde que “recúe” nesta decisión e dea voz á comunidade educativa.
A edil Cristina Cruz explicou que é tónica habitual no goberno deixar esmorecer este tipo de órganos consultivos e que o feito de que o Consello Escolar non sexa convocado “implica que as voces do profesorado e dos representantes sindicais educativos quedarán apagadas en cuestións que atinxen ao transporte, os comedores ou á limpeza das instalación.