Ourense |
Os socialistas ourensáns levan ó Parlamento de Galicia a situación do centro de saúde de O Barco ó quedar sen pediatras no mes de outubro, “deixando a atención sanitaria das crianzas do municipio en situación crítica”.
Por elo exixen ó goberno galego que garanta a calidade asistencial no centro de saúde barquense solucionando esta falla de cobertura das prazas pediátricas e cubrindo as dúas asignadas ó centro.
A parlamentaria ourensá Carmen Rodríguez Dacosta explica que “a situación xa foi posta en coñecemento do goberno galego con iniciativas anteriores nas que xa alertaban da xubilación do pediatra que prestaba atención sanitaria a máis de 2000 cativos sen que se buscaran solución.