Municipal

Socialistas critican en Ourense os cambios no tren Chu-chu

Así o sinalou a edil Natalia González

Paco Sarria

Ourense |

Natalia González, portavoz do Psoe no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

As edís do grupo municipal socialista esixen ó Alcalde que garanta a accesibilidade ás termas e que deixe de improvisar en política turística.

Neste senso lamentan que o goberno de Democracia Ourensana comunicara un novo recorte no servizo do tren termal, eliminando o percorrido ata Outariz e deixando o traxecto limitado ata a zona do Tinteiro, e así o salientou a voceira, Natalia González.