Municipal

Os socialistas no concello preguntan pola oferta formativa da EMC

Creen que é inferior á que ofertaba a UPO

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas no concello preguntan pola oferta formativa da EMC | Onda Cero Ourense

O grupo municipal socialista do Concello de Ourense esixe ó goberno de Pérez Jácome que de a coñecer xa a oferta formativa da Escola Municipal Contínua que tería que ter comezado o 1 de outubro.

A edil Cristina Cid lembra que xa a anterior convocatoria chegou tarde, mal e arrastras, pasando dos 140 cursos da antiga Universidade Popular a ó redor de 50 sendo unha proposta máis feble que a anterior e non respostando ás necesidades dos ourensáns.