Socialistas no Carballiño cenden un ano a Alcaldía ó PP
O pacto está desautorizado pola dirección do PSdeG-PSOE
Ourense |
O Concello do Carballiño é actualidade política tra-lo acordo entre socialistas e populares que permitirá a estos últimos formar parte do goberno e mesmo ostentar a Alcaldía o último ano de mandato.
Os socialistas xa foron desautorizados pola dirección galega do partido que anunciou accións contra os seus edís, mentres que dende o PP aseguran que tiveron mans libres para negociar dende o Partido Popular galego segundo o voceiro municipal, José Castro.
Castro tamén declarou en Onda Cero que se sinten en mellor sintonía cos socialistas que co Espazo en Común de Manuel Pachi Vázquez que perseguía a moción de censura contra Francisco Fumega dende o minuto un, e engadíu que ainda non saben quen será Alcalde polo PP por que consideran que eso agora mesmo non é o importante.
Aseguran tamén dende Carballiño que o pacto cos socialistas non garda relación algunha coa situación na Deputación nin coa situación en Ourense.