Socialistas advirten da situación da sanidade pública
Críticas do PSdeG-PSOE tras coñecerse un informe do Consello de Contas

9 de mayo de 2025
Ourense |
Os socialistas califican como “demoledor” o informe do Consello de Contas sobre a Sanidade pública galega engadindo que se trata dunha “enmenda a totalidade”
O secretario de saúde e deputado no Congreso polo PSdeG-PSOE, José Miñones, sinala que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Ourense, Santiago e Ferrol evidencia que “a sanidade galega é un caos”.
O dirixente socialista esixe que “máis aló do cambio de nomes e postos” urxe “un cambio de fondo que pasa por unha aposta directa pola sanidade pública con orzamentos reais e recursos”.