Ourense |
Suavízase a situación derivada da vaga de lumes na provincia de Ourense onde as condicións meteorolóxicas mellorarán nos próximos días e onde despois de 18 xornadas puido ser controlado o lume de Chandrexa de Queixa que arrasou 19 mil hectáreas.
Activos soamente hai 2 lumes.
O de Nieva en Avión, onde xa son 150 as hectáreas ardidas e o de Casaio en Carballeda de Valdeorras, onde xa suman 4700, sendo este un lume que entrou dende a provincia de León.
Asemade están estabilizados os de Seadur-Larouco que afectou a Valdeorras con 30 mil hectáreas ardidas; o de Oimbra-Xinzo, o de A Mezquita; o de Carballeda de Avia-Beade e o de Vilardevós.
Controlados están os de Montederramo e Maceda e extinguidod os de Vilardevós e Riós.