Ourense | 27.09.2024 11:20
O bng aboga pola pronta execución do Plan Funcional da Praza de Abastos número 1 e consideran urxente acometer as reformas necesarias do edificio recén rehabilitado, contidas no Plan para que o mesmo poda entrar en funcionamento á maior brevidade posible e recuperar deste xeito a Alameda ocupada actualmente.
O nacionalista Luis Seara lembra que ademáis de xerar riqueza, na praza e no rianxo traballan máis de 200 persoas.
A este respecto os socialistas anunciaron tamén que apoiarán a operación económica proposta polo goberno de Pérez Jácome e polo executivo da Xunta de Galicia para habilitar o creto e dar así continuidade ás obras desta praza de abastos.