Temporal

Sen clases nin camións na provincia de Ourense polo temporal de neve

Suspendida a actividade lectiva

Paco Sarria

Ourense |

Sen clases nin camións na provincia de Ourense polo temporal de neve | La Voz de Galicia

O principal a salientar en Ourense en relación co temporal é que foron suspendidas as clases e o transporte escolar en toda a provincia.

Asemade está prohibida a circulación de camións ata novo aviso na A-52 dende Rionegro Puente en Zamora ata Ponteareas; na Nacional 541 dende Barbantes a Cerdedo en Pontevedra, e na AG53 dende Ourense a Dozón. Así mesmo na estrada nacional 525 Ourense-Zamora na súa totalidade e na Nacional 120 dende Burgos ata Ponteareas, afectando a toda a provincia con precipitacións de neve que poden caer ata os 300 metros.

Eviten utilizar o coche si non é imprescindible e en todo caso infórmense antes ó través de medios oficiais.