Municipal

Seara proclamado candidato do BNG á Alcaldía de Ourense

A asamblea local nacionalista foi unánime

Paco Sarria

Ourense |

Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense

A militancia do BNG elexíu a Luis Seara como candidato á Alcaldía do Concello de Ourense para as eleccións municipais de maio do 2027.

A proposta do actual voceiro nacionalista n acidade foi ratificada por aclamación da Asamblea Local.

A militancia puxo en valor a longa experiencia política de Seara, o seu profundo coñecemento do Concello, a súa proximidade ós veciños así como o rigor e a seriedade no traballo, alén de representar e defender con exemplaridade os intereses xerais e os principios e valores da organización nacionalista.