Temporal

Ríos en alerta laranxa e danos en algunhas estradas de Ourense polo temporal

Cortada unha estrada local en Boborás

Paco Sarria

Ourense |

Ríos en alerta laranxa e danos en algunhas estradas de Ourense polo temporal | onda cero ourense

Seguimos pendentes da evolución dos cauces dos ríos. As chuvias, foron persistentes con un acumulado de ata 100 litros por metro cadrado a primeiras horas do día. Os cauces dos ríos na provincia están en niveis laranxa (Miño, Sil e Limia) e marelo ( Arnoia) segundo a Confederación Hidrográfrica. Para o 112 hai que prestar atención ó Miño e ó Avia en Ribadavia ademáis do Miño en A Peroxa, ó Limia en Bande, ó Deva en As Regadas e ó Arnoia en Baños de Molgas.

Salientar asemade que a crecida do Miño na cidade afectou as termas de Outariz e A Chabasqueira que permañecen pechadas ata novo aviso ó resultar cubertas.

Unhas chuvias que fixeron aflorar deficiencias en estradas como a que comunica Sobredo con Salón no Concello de Boborás polo risco de derrumbamento dun muro de contención, anque os veciños non quedan aillados segundo explicou en Onda Cero a Alcaldesa Patricia Torres.

Neste contexto reseñar que o BNG esixíu hoxe ó Goberno central actruacións urxentes na N-540 polos graves danos que ten ocasionado o temporal, o que compromete a seguridade dos viaxeiros entre Ourense e Lugo.