Patrimonio

A Ribeira Sacra deberá agardar un ano máis para ser Patrimonio Mundial

Un ano para facer correccións

Paco Sarria

Ourense |

A Xunta ofronta con "optimismo e confianza" a candidatura da Ribeira Sacra | Onda Cero

Coñecemos esta mañá o veredicto da Unesco sobre a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Humanidade.

A diplomacia española salvou un primeiro escollo ó conseguir que fora votada unha enmenda de apoio firmada por 3 países (Perú, Tanzania e Ucraína), ignorándose así os informes negativos.

Pero finalmente a Unesco resolveu devolver a candidatura española (a paisaxe acuática da Ribeira Sacra) co propósito de que as autoridades españolas reformulen a xustificación desta inscripción baixo os criterios necesarios.

Na cidade surcoreana de Busán decidiuse esta vez o futuro das candidaturas, das que se caeron por exemplo as fortalezas do norte de Portugal ou parte da mítica ruta da seda.

Tanto o Conselleiro de Cultura, López Campos como o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor, valoraron positivamente esta "prorroga" e o gran labor desenvolvido polo Ministro Iceta e o Embaixador español na Unesco para conseguir que a nosa proposta siga contando si son realizadas algunhas correccións.

En cambio quedaron entre as candidatas as praias do desembarco de Normandía, as fortalezas do Languedoc tamén en Francia ou o Castelo de Alamut en Irán.

Lembremos que Galicia ten actualmente 3 patrimonios da Humanidade xunto que son Santiago, a Muralla Lucense, e a Torre de Hércules.