Ribadavia acollerá a segunda edición do Malgosto
Este sábado na Igrexa da Madalena
Ourense |
A Igrexa da Madalena de Ribadavia acollerá este sábado a segunda edición do "Malgosto" que organiza a Asociación Ateficial.
Música tradicional galega, baile, sorteos de productos de proximidade, e un xantar conforman o programa deseñado para a celebración de este xove evento.
O "Malgosto" é unha proposta que busca fusionar tradición e modernidade para conectar a herdanza cultural cun enfoque actual, respectando e valorando o pasado como fundamento para proxectarse cara ó futuro.
O barrio da Madelena onde terá lugar é Ben de Interese Cultural dende 1947.
Para o xantar contarán con unha pulpeira e a barra da organización para dispensar bebidas e comida.