Ourense |
Renfe cedeu ó Museu do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA) unha peza ferroviaria histórica. Trátase dun tractos de manobras que estaba apartado nos talleres de enseñeiría e mantemento de Ourense e que agora volve a estar operativo.
Este tipo de tractores foron construídos a comezos dos anos sesenta para efectuar servizos de movemento de material en estacións e depósitos ferroviarios.
A cesión da máquina supón a volta á súa actividade para realizar labores especializadas na rede viaria interior do MUFERGA en Monforte de Lemos.
Con esta iniciativa pretenden achegar á cidadanía a preservación e restauración dun material ferroviario histótico que poderá ser visitado unha vez rematado o traslado.