Lumes

Remite a vaga de lumes en Ourense

Controlado o lume en Pena Trevinca

Paco Sarria

Ourense |

Remite a vaga de lumes en Ourense | Paco Sarria

Remite a vaga de lumes e hoxe son os Reis de España os que visitan zonas afectadas en Ourense, achegándose esta mañá ata a zona de Monterrei.

Mentres quedou estabilizado o lume de Casaio pero mantense activo o de Avión, pero hai que dar conta de que un lume calcinou de madrugada pacas de herba en Laza.

Ademáis quedou controlado o lume en Trevinca despois de 20 días de lumes na provincia onde tamén pudo ser salvado o Teixadal de Casaio.

Reseñable tamén o caso dos veciños de Cualedro que puderon ser salvados cando estaban rodeados polas lapas e ó limite.

Mentres hai efectos secundarios que hai que ter presentes como a posibilidade de chuvias, polo que tentarán con barreiras vexetais que a cinza non chegue a mananciais e ós cauces dos ríos.

Asemade recomendan rexenerar o monte con centeo e avena.

Tamén será complicada a campaña de recollida de castañas e en San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, están roubando metal das casas que arderon.

En Petín ademáis houbo protesta en coche pola contaminación de fume do vertedeiro de A Rúa.

Ademáis, a iniciativa de PSOE e BNG, a Deputación tomará medidas complementarias para axudar ós afectados polos lumes, comezando con garantir o subministro de auga en San Vicente de Leira.

E o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a apertura de 16 oficiñas para atender ós afectados.

Engadir que a liña férrea entre Ponferrada e Monforte está cortada polo lume en Pobra de Brollón e que non haberá trens entre Ourense e Vigo na fin de semana.