Memoria Histórica

Queren que a ponte de Castrelo de Miño sexa lugar da Memoria

Os socialistas presentan unha moción ó respecto en Ribadavia

Paco Sarria

Ourense |

Queren que a ponte de Castrelo de Miño sexa lugar da Memoria | onda cero ourense

O Psoe de Ribadavia impulsa unha iniciativa para que a ponte de Castrelo de Miño sexa declarada como lugar da Memoria e honrar así ás víctimas do franquismo que foron asesinadas alí.

A ponte foi construida en 1907 e foi empregada durante os primeiros meses da Guerra Civil, tra-lo golpe de Estado do 36, como lugar para facer desaparecer, asesinar e executar a diferentes persoas que foron víctimas da barbarie perpetrada polos franquistas.

Lembran que non soamente non debe esquecerse o que sucedeu alí, senón que debe servir como lugar de lembranza para tódalas víctimas.

Queren con esta moción restaurar a dignidade do pobo e reparar a honra das víctimas da represión.