O Psoe solicita que se investigue política e xudicialmente un presunto soborno do alcalde de Cea

Os socialistas ourensáns reclaman a comparecencia urxente nun pleno do alcalde popular de Cea, José Luis Valladares para que aclare con documentos o presunto soborno do que foi acusado polo propietario da empresa Cinco Jotas

ondacero.es

ourense | 15.11.2013 14:12

las 5 jotoas | La Voz de Galicia

Os socialistas ourensáns solicitaron a comparecencia urxente nun pleno do alcalde popular de Cea, José Luis Valladares para que aclare con documentos se é verdade que él mailo secretario pediron cartos á empresa Cinco Jotas. No Psoe consideran que podería tratarse "dun caso de corrupción política sen precedentes en Galicia". Os socialistas entenden que tralas acusacións do empresario José Manuel Costas nun xulgado de Vigo, hai motivos suficientes para que actue a fiscalía anticorrupción de Ourense e para que dé explicacions publicas o presidente do pp galego e da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Os socialistas solicitan ademais unha comisión de investigación no concello e outra na deputación de Ourense onde creen que puideron fraguarse na etapa do ex presidente, José Luis Baltar, na que o alcalde de cea tamén era deputado, algunhas xestións empresarariais para un polígono inexistente. A secretaria de organización socialista, María Quintas mesmo insiniou que detrás do que semella a presunta maior trama de evasión fiscal de Galicia "pode haber un financiamento irregular do pp"

O bng de Cea sumouse hoxe tamén a pedir explicacions polo presunto soborno denunciado en sede xudicial polo empresario responsable das Cinco jotas e solicitou que se convoque un pleno extraordinario nun plazo Maximo de 72 horas e de non facelo pediarianse outro tipo de responsabilidades