PSOE reclama solución tra-la denuncia da fiscalía polo caso dos audios de Jácome
A fiscalía comunicou á oposición que traslada a denuncia ó xulgado decano

27 de febrero de 2025
Ourense |
O grupo municipal socialista no Concello de Ourense reclama "unha solución política" tra-la decisión da Fiscalía de presentar unha denuncia polo caso dos audios do Alcalde, Pérez Jácome, publicados hai un ano polo xornal La Región e polos que toda a oposición presentou denuncia por ata 8 presuntos delictos cometidos a raíz do contido nos mesmos.
A edil socialista María Fernández Ojea expresou o "máximo respeto ás decisións e aos tempos da Xustiza" e lembrou que "o único xeito de poñer fin a esta situación é cunha resposta política á altura das circunstancias".
Para o grupo socialista no concello da capital considera precisa unha solución e afirma por boca desta concelleira que resulta "lamentable que se trate doutra nova máis que perxudica a credibilidade da institución e do executivo local"